martes, 8 de marzo de 2011

OS GRELOS GRELAN

Decia un crego, aló po los anos 60, que para entender o misterio da Santísima Trinidade nada mellor que mirar para a nosa planta bandeira, o nabo, nabiza e grelo, tres cousas distintas na misma planta, non sí ?.
Dúbida: se os grelos grelan, porqué as cebolas non cebolan, .........etc.
Os andaluces presumen do seu xeito particular de medidas falando de "pelín,  miaja, jartá,  peazo.... " pero, qué decides das nosas: unha presa, unha brazada, unha morea, a colleita toda ............
Nos, onte, non chegamos a coller unha morea.

A natureza non espera. Onte tivemos que canviar as  actividades normales da casa porque nunha inspección rutineira atopeime coas primeiras flores dos grelos que xa estaban a grelar e, houbo que empezar a recollelos (mellor apañar) antes que se boten a perder. Sementeinos tarde e, non e que sexan ruins, pero teñen cañoto abondo.

IMOS VER COMO OS CONSERVAMOS 


A plantación no e moi grande, mais menos a metade da metade dun ferrado.
(os da  miña bisbarra teñen 444 m2)

 Aquí estou a collelos


  E a facer a primeira selección.



Despois de lavalos ben, córtanse po lo miudo
(e curioso este coitelo de plástico o ben que o fai)



ponse a ferver auga


 E a esperar que volvan a ferver, non mais de dous minutos.


 
A o sacalos hai que arrefrialos un pouco con auga

 
E poñelos a escorrentar o auga en un pano


As bolsas fanse de un kilo



E, por hoxe está ben. Unha aperta.




2 comentarios:

  1. Abraidadiño me dejas, eres lo maximo , sigue asi y no cambies.............apertas.

    ResponderEliminar
  2. Miguel me quedé tonta con los grelos y la ilusión que tienes por todo, esto es por la mujer que tienes detrás, la carpinteria y demás no me sorprendio pues un jovencito le hizo la corona a la virgen de Oza que todavia tiene ¿te acuerdas? felicidades y animo que vales mucho, un beso

    ResponderEliminar